abril, 2021

24abr12:00'Os contos do chupete'Migallas Teatro12:00 Centro Cultural da Guarda, A GuardaEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Migallas Teatro presenta o espectáculo ‘Os contos do chupete’, dentro da programación organizada polo Concello da Guarda polo Día do Libro.

Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

‘Os contos do chupete’ é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.

Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Este evento está recomendado para bebés de 0 a 3 anos.

É preciso anotarse previamente en cultura@aguarda.es

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Centro Cultural da Guarda

Rúa Rosalía de Castro, 3, 36789 A Guarda

Está pasando!