xaneiro, 2022

Detalles do Evento

Os martes ás 19:30 horas, a sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa acolle a XV edición de ‘Os Martes, Arte’, encontros arredor da creación artística co profesor Augusto Guedes.

O programa para este ano volverá alternar dúas temáticas: o Románico e as diferentes correntes artísticas do século XX.

A actividade está aberta a toda a poboación, sen límite de idade, é de carácter gratuíto e non é precisa de inscrición previa.

Hora

Xaneiro 11 (Martes) 19:30 - Xuño 28 (Martes) 19:30

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!