'Os Nenos da Varíola' en Redondela

dom06feb18:00'Os Nenos da Varíola' en RedondelaIV Ciclo de Teatro Infantil18:00 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

Dentro da programación do IV ciclo de teatro infantil, organizado polo Concello de Redondela, Pérez&Fernández en coprodución co ​Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de ​María Solar ‘Os Nenos da Varíola​’.

Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, ​Isabel Zendal​.

30 de Novembro de 1803: “​A Real Expedición Filantrópica da Vacina​” parte dende o porto da Coruña. ​Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

O prezo da entrada é de 3 euros.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!