'Os tres porquiños' en Vigo

dom13feb11:00'Os tres porquiños' en VigoVigocultura11:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da programación de Vigocultura, o domingo 13 de febreiro Migallas Teatro presenta o espectáculo para bebés ‘Os tres porquiños’, en tres funcións que terán lugar ás 11:00, 12:30 e 18:00 horas.

Os tres porquiños é un espectáculo teatral para a cativada con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo.

Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención das nenas e nenos nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

  • Autoría: Bea Campos a partir do conto tradicional
  • Dirección e adaptación: Bea Campos
  • Escenografía, deseño de son e deseño de iluminación: J.M.Sagüillo
  • Vestiario: La Böcöque
  • Música: Tradicional e Migallas Teatro
  • Elenco artístico: Bea Campos e Manuel Pombal
  • Idioma: Galego
  • Idade recomendada: +6 meses
  • Duración: 30 min.

  • Entradas anticipadas desde 5,00 euros á venda en giglon.com

Unha persoa adulta e un bebé. Resto do público poderá sentar de balde no patio de butacas con visibilidade reducida ata completar capacidade.

  • Abonos (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
    • Abono á carta 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
    • Abono á carta 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.

Hora

(Domingo) 11:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!