maio, 2021

10mai20:30'Chungking Express'Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Proxección de ‘Chungking Express’ (Wong Kar-Wai, 1994, 103 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Dúas historias de amor independentes que se desenvolven no popular barrio turístico de Tsimhatsui, en Hong Kong. A primeira describe o fugaz encontro entre un mozo policía en plena crise amorosa e unha misteriosa muller fatal traficante de drogas. A segunda céntrase no singular romance entre un solitario e sinxelo axente de policía e a nova camareira do bar onde aquel adoita comer.


PROGRAMACIÓN MAIO 2021

A triloxía «proletaria» ou «da clase traballadora», do director finlandés Aki Kaurismäki, composta polos seus filmes Sombras no paraíso, Ariel e A rapaza da fábrica de mistos, será a protagonista dos martes de cineclube durante o mes de maio.

Botan a andar tamén as sesións de filmoteca grazas ao convenio que veñen de asinar Cineclube Pontevedra e Agadic, o cal permitirá, un ano máis, achegar parte da programación do CGAI-Filmoteca de Galicia ao Teatro Principal de Pontevedra. Os dous luns previstos este mes dedicaránselle ao director chinés Wong Kar-wai, cuxa obra Desexando amar foi volveu ás salas este mesmo ano co gallo do 20 aniversario da súa estrea.

Cartel Cineclube Pontevedra Maio 2021

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!