'Paella' de Tarambana Espectáculos en Vigo

sáb13mai(mai 13)20:00dom14mai(mai 14)20:00'Paella' de Tarambana Espectáculos en Vigounha comedia gastronómica20:00 - 20:00 (14) Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 13 e domingo 14 de maio ás 20:00 horas na Sala Ártika de Vigo, Tarambana Espectáculos presentará ‘Paella’, unha comedia de autor onde o que realmente conta é o feito teatral a través da mestura de linguaxes escénicas, cunha aparente ausencia de trama e unha combinación de temas: igualdade de xénero, conflitos persoais, laborais, culturais, existenciais…

Un espectáculo contemporáneo en clave de humor cun pulso trepidante que nos impide baixar do escenario ata que cae o pano.

Amparo e Federico son unha parella en crise, aínda que eles mesmos non o saben, que traballan na mesma empresa. Un día deciden invitar a comer unha paella a algúns compañeiros de traballo entre os que se atopa Bruno, ao que queren presentarlle un proxecto empresarial co que cren que poderán escalar profesionalmente (e económicamente) na empresa. Sen embargo, a paella suporá un momento crucial nas súas vidas: Amparo é ascendida e, tras separarse de Federico, que é incapaz de aceptar a situación, despídeo.

Un punto de inflexión que leva a descubrirnos que aos que vemos en escena ademáis de Amparo e Federico son tamén os actores que os interpretan. E que, no teatro, como na vida, os límites entre o real e o imaxinado son tan débiles que un e outro confúndense nunha voráxine tráxicamente burlesca.



Data e hora:

  • Sábado 13 de maio ás 20:00 horas
  • Domingo 14 de maio ás 20:00 horas

Idade recomendada: + 12 anos

Duración: 85 min.

Recinto: Sala Ártika (Beiramar 113, Vigo)

Entradas: Anticipadas a 10 euros + gastos de xestión (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) á venda en www.artikavigo.com e a 14 euros na billeteira.


Hora

13 (Sábado) 20:00 - 14 (Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!