Pat Metheny no TerraCeo do Mar de Vigo

ven17xuñ21:30Pat Metheny no TerraCeo do Mar de VigoCiclo Xacobeo Importa21:30 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Lenda viva do jazz, Pat Metheny non necesita presentación. Falamos dun dos máis grandes artistas da escena jazz contemporánea, un músico pluscuamperfecto. Pasaron 24 anos desde o seu lendario concerto en Vigo de 1998 (nomeado moitas veces na lista dos máis míticos dos que se celebraron na cidade), o prestixioso músico americano volve para deleitar aos seus numerosos incondicionais de toda Galicia. Con máis de 40 anos de meteórica carreira, 20 premios Grammy ás súas costas e un legado discográfico humillante, o guitarrista de Misuri presenta novo traballo rodeado dos seus colaboradores habituais.

En ‘Side- Eye’ dá un paso máis nos seus case 60 álbums de estudo, acompañado de James Francies e Joe Dyson. Ecléctico, talentoso, versátil, virtuoso, ousado e brillante, Pat Metheny tocou cos máis grandes en todos os rexistros posibles: desde Jaco Pastorius a Ornette Coleman, Sonny Rollins a David Bowie, Steve Reich a Milton Nascimento, pasando por Antonio Carlos Jobim, Enrique Morente ou Herbie Hangcock… a lista é impresionante. Cativador dun amplo espectro de audiencias, Metheny é ese guitarrista sempre sorprendente e novo, pero ao mesmo tempo familiar e reconocible. O tipo de artista que nunca defrauda a uns espectadores seguros de que escoitalo sempre será unha experiencia excitante e única.

O próximo 17 de xuño calquera amante da guitarra ou melómano en xeral ten unha cita cun músico indiscutible. Como alguén o definiu “a música nas súas mans vólvese inesgotable e exuberante”.

O concerto atópase incluído dentro da programación do Ciclo Xacobeo Importa que durante 2022 achegará aos principais escenarios galegos un importante elenco de artistas internacionais.

Entradas á venda desde 36 euros en teuticket.com

Hora

(Venres) 21:30

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!