Paz Padilla presenta ‘El humor de mi vida’ en Vigo

ven10feb(feb 10)00:00sáb11feb(feb 11)23:59Paz Padilla presenta ‘El humor de mi vida’ en VigoAuditorio Mar de Vigo00:00 - 23:59 (11) Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o venres 10 e o sábado 11 de febreiro ‘El humor de mi vida’, o novo espectáculo da actriz e presentadora Paz Padilla, onde rende homenaxe ao seu esposo falecido. Padilla creou esta obra a partir do libro homónimo que escribiu, como parte dun proceso de dor ante a perda dun ser tan querido.

‘El humor de mi vida’ é un espectáculo para rir e chorar e para aprender a enfrontarse aos golpes que dá a vida, “sen perder o sentido do humor nin o sentido común”, según ten explicado a artista.

Despois de varias parellas, Padilla atopou a Antonio, o amor da súa vida, que xa fora o seu mozo con 14 anos; pero os días de felicidade torcéronse cando lle foi detectado un tumor cerebral que remataría coa súa vida en 2020. Nun curto período de tempo, Padilla perdeu ao seu amor e a súa nai. Estas tráxicas circunstancias guiárona a un proceso para reflexionar con humor ante a morte. Este proceso levouna a escribir primeiro o libro ‘El humor de vida’, e despois a convertilo nun emocionante monólogo teatral co que está enchendo os teatros das grandes cidades españolas.

A artista gaditana Paz Padilla deuse a coñecer para o gran público a finais dos anos 90, coas súas aparicións televisivas no popular late night ‘Crónicas Marcianas’ en Tele5, conducido por Javier Sardà. Desde ese momento, a súa carreira como actriz e presentadora de televisión non deuxou de medrar. Ten protagonizado series de gran audiencia  como ‘Mis adorables vecinos’, actuado en películas como ‘A todo tren’, dirixida por Santiago Segura e, sobre todo, como rostro visible do popular programa ‘Sálvame’ de 2009 a 2022.


Aposta polos grandes humoristas no Mar de Vigo

A actuación de Paz Padilla, enmárcase dentro dunha programación na que o Auditorio Mar de Vigo trata de achegar a moitas e moitos dos grandes humoristas do momento. Despois do exitoso paso dos míticos Les Luthiers o pasado mes de outubro, este domingo 11 de decembro chega a representación de ‘La Bella y la Bestia’ de La Barbarie Teatro, con dúas funcións, e a próxima actuación de Dani Martínez 17 de decembro, para o cal as entradas levan semanas esgotadas.

No mes de febreiro, ademais da actuación de Paz Padilla os días 10 e 11, por agora tamén está confirmado que pasará polo Mar de Vigo ‘El sentido del humor’, o show que reúne no escenario a tres dos grandes cómicos españois, como son Florentino Fernández, José Mota e Santiago Segura. Só hai programada unha única función, que será o sábado 25 de febreiro. 

Tanto para estas funcións como para todos os espectáculos do Auditorio Mar de Vigo, xa se poden adquirir as entradas en www.teuticket.com 

Hora

10 (Venres) 00:00 - 11 (Sábado) 23:59

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!