xullo, 2020

"Pegadas na paisaxe. O patrimonio do Deza"Durante todo o ano (2020) Pazo de Liñares, LalínEvento tipo:Exposicións

Detalles do Evento

A mostra organizada por Turismo Rías Baixas en colaboración co Museo de Pontevedra está estruturada en cinco eixes, titulados “O patrimonio de Pontevedra”, “Deza: terra de castros”, “Artefactos: pegadas no tempo”, “As pegadas na paisaxe de Pontevedra” e “O cálculo do tempo”.

Esta exposición pretende mostrar unha progresiva pero evidente transformación da paisaxe desde a Idade de Bronce ata a actualidade. Trátase dunha exposición divulgativa na que as fotografías e as ilustracións teñen un especial protagonismo e que respaldan a idea de Pontevedra como territorio de intercambio cultural desde a Prehistoria ata a Antigüidade tardía.

A exposición centrarase nos castros de Montaz e Toiriz en Silleda, Castriño e Doade en Lalín e Pena Grande en Rodeiro, así como en outros once xacementos da provincia, coma os da Cabeciña, Penalba, Castrolandín, Alobre, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Castro, Adro Vello, Monte do Facho, Salinas de Vigo ou Toralla.

Tamén amosará moedas, fragmentos de cerámica, un machado, unha lasca, unha estela, unha conta de bronce, unha argola africana e a fíbula romana de Rodeiro, atopadas nos distintos xacementos de Deza e pertencentes a un período que abarca desde o 1.500 a. n. e. e o século VI.

“Pegadas na paisaxe” quere promover as visitas aos castros e xacementos do Deza, pero tamén aos centros etnográficos de todo o norte de Pontevedra. Conta con pezas de tres entidades prestameiras: o Museo de Pontevedra, o Museo Etnográfico Casa do Patrón (Doade) e o Centro Etnográfico de Terra de Montes (Soutelo de Montes).

Hora

Durante todo o ano (2020)

Localización

Pazo de Liñares

Lugar de Liñares, 6 36512 Prado, Lalín

Pazo de LiñaresLugar de Liñares, 6 36512 Prado, Lalín

Está pasando!