abril, 2021

11abr18:00'Pinocchio'Teatro dos Ghazafelhos18:00 Auditorio da Xuventude, CambadosEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Dentro ciclo de teatro infantil e familiar organizado polo Concello de Cambados, Teatro dos Ghazafelhos presenta o espectáculo ‘Pinocchio’, unha adaptación do clásico de Carlo Collodi, que mistura títeres, teatro actoral e música en directo.

‘Pinocchio’ agocha un segredo no seu corazón de bidueiro, un segredo que quere compartir cos nenos. Cunha atractiva posta en escena, Teatro dos Ghazafelhos abre unha porta a unha emocionante aventura na que mostrarán ao público un camiño cheo de humor e sensibilidade.

Prezo: 3,5 € (normal) e 2,5 € (reducida). Venta anticipada no Espazo Torrado e 1 hora antes da función no propio auditorio da Xuventude.

Aforo limitado con todalas medidas de prevención da Covid-19 por unha Cultura segura.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio da Xuventude

Rúa San Francisco, 3, 36630 Cambados

Está pasando!