This is a repeating event

Mofa & Befa presentan 'Pirolíticos' en Vigo

ven10mar20:00ven23:50Mofa & Befa presentan 'Pirolíticos' en VigoPRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCéNTRICAS20:00 - 23:50 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Os días 10, 11 e 12 de marzo ás 20:00 horas a Sala Ártika acolle o espectáculo ‘Pirolíticos’ a cargo de Mofa & Befa.

Con motivo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto, pero mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo.

‘Pirolíticos’ é esencialmente unha guía para orientar o público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólisis en 10 pasos sinxelos.

Do mesmo xeito que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado “sen carga total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o feminismo achegou nas últimas décadas.

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa e, por suposto, con música (nesta ocasión, cun marcado estilo perrallas rock), ‘Pirolíticos’ escenifica situacións ben reconocibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da ‘Guía Rápida para unha Correcta Pirólisis’.

Mofa & Befa saen do armario con lentes violeta e non quedan nada mal.

  • Idade recomendada: +13 anos
  • Duración: 90 minutos

Entradas anticipadas a 10 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 14 euros na billeteira.


Hora

(Venres) 20:00 - 23:50

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!