'Ponteverán'

lun06xuñConsultarmér31ago'Ponteverán'PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE PARA O VERÁN(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra recupera o programa Ponteverán sen limitacións nin restricións, medrando en todos os niveis posíbeis, unha completa proposta á hora de ofertar cultura e ocio educativo para a mocidade pontevedresa que terá este estío a oportunidade de realizar actividades diversas, entre campamentos, obradoiros culturais e artísticos, natureza deportes e aire libre; obradoiros de tecnoloxía e informática; as catro ramas nas que está dividido o programa.

Cómpre lembrar que todas as actividades, agás o campamento de tempo libre ‘Equal’, serán de balde, e só requirirán de inscrición a través da web oficial do Concello de Pontevedra, a partir do 8 de xuño, apuntate.pontevedra.gal

Os rapaces e rapazas do municipio de Pontevedra contarán con preferencia á hora da adxudicación das prazas. No caso de que queden ocos libres, optarán a estes persoas doutros concellos, tendo preferencia os concellos limítrofes. Unha vez esgotado o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario será pechado e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición coa achega da documentación necesaria.

É posíbel consultar e solicitar máis información na Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra, con cita previa, de luns a venres, de 9 a 14 horas.


Hora

Xuño 6 (Luns) - Agosto 31 (Mércores)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!