Faia Díaz e Vero Rilo | © Culturactiva

'Apatacón, por unha peseta'

ven05nov21:00'Apatacón, por unha peseta''Risadas Contadas'21:00 Centro Cultural Xaime Illa - Poio

Detalles do Evento

Faia Díaz e Velo Rilo estrean o ciclo ‘Risadas Contadas’ no Centro Cultural Xaime Illa coa representación da obra ‘Apatacón, por unha peseta’, un traballo onde voz narrada e cantada se achegan por menos de nada para atopar canto vale unha peseta.

Historias de vida recollidas no noso entorno e no universal xúntanse nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente.

‘Apatacón, por unha peseta’ lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, pero dende un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.

As sesión de ‘Risadas Contadas’, con representacións teatrais en chave humorística e monólogos serán os venres ás 21.00 horas e precisarán de reserva previa  a través do correo electrónico anotaculturapoio@gmail.com.

Este evento forma parte do programa ‘Anota! Cultura’, unha iniciativa da Concellaría de Cultura de Poio que ofrecerá á veciñanza monólogos, proxeccións, espectáculos humorísticos ou representacións teatrais, entre outras actividades.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Centro Cultural Xaime Illa

Rúa Igrexa, 21, 36992 Raxó, Poio

Está pasando!