7
Mostra ‘Voilà la femme. 25 aniversario’ | © Deputación de Pontevedra

Presentación do catálogo da exposición 'Voilà la femme'

xov30xuñ18:00Presentación do catálogo da exposición 'Voilà la femme'MUSEO DE PONTEVEDRA18:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Museo de Pontevedra vai desenvolver este mes de xuño unha intensa programación complementaria á exposición do 25 aniversario do proxecto ‘Voilà la femme’, unha iniciativa artística colectiva sobre a muller, a identidade e o xénero, da man de 25 creadoras galegas. Haberá visitas guiadas tódolos xoves en diferentes horarios, presentarase o catálogo, e realizarase unha performance en vivo co gallo da clausura o 10 de xullo.

As visitas guiadas serán todos os xoves ás 18:00 horas dende o 16 de xuño, mais haberá outras citas guiadas extraordinarias. Estas comezarán o xoves 2 de xuño ás once da mañá a cargo das artistas e comisarias da exposición, Yolanda Herranz e Celeste Garrido, que farán unha introdución teórica un percorrido comentado pola mostra.

A visita do xoves 9 de xuño será ás seis da tarde, a cargo de Arancha Aguete de Pazos, historiadora da arte, que complementará a presentación das comisarias. Xa o xoves 16 de xuño, ás 11 da mañá, tocará a quenda de dirixir as visitas guiadas a Susana Blas Brunel, historiadora da arte, guionista do programa Metrópoles (TVE2) e comisaria independente especializada en creación audiovisual.

Por outra parte, o xoves, 30 de xuño ás seis da tarde terá lugar a presentación do catálogo editado polo Museo e a Deputación de Pontevedra a cargo de Yolanda Herranz e Celeste Garrido (artistas e comisarias da exposición). O domingo, 10 de xullo, ás doce do mediodía terá lugar o acto de clausura baixo o título ‘SOMOS Mujeres y ESTAMOS Aquí’, unha performance en vivo da artista Yolanda Herranz.


Mostra ‘Voilà la femme. 25 aniversario’ | © Deputación de Pontevedra

Un proxecto de 30 anos

‘Voilà la femme’ naceu en marzo de 1992 no Ateneo Santa Cecilia de Marín e creouse para reivindicar o papel das mulleres no ámbito da arte e da cultura, converténdose nun referente emblemático a nivel artístico por consolidarse como a mostra de mulleres artistas con maior traxectoria dentro do territorio español.

O proxecto chega ao Museo de Pontevedra pola súa especial relación coa cidade despois dunha ampla traxectoria. Así, o Edificio Castelao acolle unha selección das obras das artistas máis relevantes que participaron nas súas 25 edicións, en total máis de 200, que naceron, viven ou traballan en Galicia, moitas delas téndose formado ou impartido docencia na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

A mostra do 25 aniversario no Museo conta coa participación de Menchu Lamas Pérez, Yolanda Herranz Pascual, Celeste Garrido Meira, Ánxeles Iglesias Charlín, Carme Nogueira Alonso, Carmen Hermo Sánchez, Mar Vicente Souto, Sara Sapetti, Reme Remedios Fernández, Sonia Tourón Estévez, Mª Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, Ana Gil Rodríguez, Basilisa Fiestras Cachafeiro, Noemí Lorenzo Pérez, Beatriz Sieiro Caramés, Nuria Ruibal García, Itziar Ezquieta Llamas, Ofelia Cardo Cañizares, Gema López González, Isabel Alonso Vázquez, Mery Pais Domínguez, Colectivo LAG, Raquel Blanco Iglesias, Belén Diz Juncal, e Tania Crego Gutiérrez..

Trátase dunha exposición que pretende contribuír a poñer no foco e na axenda pública o debate sobre onde están as mulleres artistas nos museos, reivindicando a arte en feminino con conciencia e compromiso a través de grandes eventos e aumentando as obras femininas expostas nas coleccións temporais. Todo iso para xerar unha reflexión sobre a identidade e a desigualdade.

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!