'Verán en Ruta': Aldán

dom11set10:30'Verán en Ruta': AldánRutas guiadas gratuítas por cangas10:30 Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Partiremos do porto de Aldán onde faremos unha presentación desta parroquia tan importante da vila de Cangas. Daremos algunhas pinceladas sobre as actividades pesqueira e bateeira, faremos referencias aos grandes deportistas olímpicos con orixes no Clube De Mar “Ría de Aldán” e ensalzaremos a figura do párroco D. Jose Graña Montes.

Todos estes contidos servirán de aperitivo para coñecer en profundidade a historia do condado de Aldán e a súa influencia na vida da poboación local. Falaremos do Pazo da Torre, da cama do demo, do pombal e da orixe das 5 flores de lis do escudo dos Aldao.

Tamén habera tempo para visitar o popular “Bosque Encantado” situado na finca de recreo do Frendoal e apreciar algúns elementos arquitectónicos como o arco da condesa. Para rematar percorreremos parcialmente a ruta dos muíños do río Orxás contando cousas moi interesantes sobre a cultura popular en torno ás moendas do millo.

Verán en Ruta 2022

Para Cangas A Illa dos Ratos presenta un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, A defensa da Vila” ou “Rúas con Historia“, mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou a ruta máis esperada por moitos de vós “Aldán, un condado a beira do mar“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!