'Primavera en Ruta': Cabo Home

dom28agoConsultar'Primavera en Ruta': Cabo HomeRutas guiadas gratuítas por cangas(Consultar: domingo) Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Partiremos da Caracola de Donón e percorreremos unha zona de especial protección caracterizada pola existencia dunha gran biodiversidade de fauna e flora e que conta con ecosistemas moi diversos como os cantís sempre expostos á acción do mar ou o entorno da praia de Melide moito máis recollido.

A formación dos bosques, a existencia de afloramentos e afundimentos que son a orixe da gran productividade das nosas rías ou os efectos da contaminación neste tipo de contornas serán algúns dos interesantes temas que trataremos.

Primavera en Ruta 2022

Para Cangas A Illa dos Ratos presenta un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, A defensa da Vila” ou “Rúas con Historia“, mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou a ruta máis esperada por moitos de vós “Aldán, un condado a beira do mar“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!