'Primavera en Ruta': Serra da Madalena

sáb28maiConsultar'Primavera en Ruta': Serra da MadalenaRutas guiadas gratuítas por cangas(Consultar: sábado) Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Desde o comezo da ruta a paisaxe cobra protagonismo. As estradas asfaltadas e as edificacións públicas dan paso a unha zona de monte comunal que nos fai ver as diferenzas entre as repoboacións de bosque autóctono e o de especies foráneas.

Pouco a pouco chegaremos á parte máis alta, onde as árbores deixan paso á vexetación tradicional de monte baixo. Como non, atoparemos cos marcos que condicionan o concepto de territorio galego. E finalmente, desde o máis alto, as impresionantes vistas desde o cumio de Mesa de Montes: as rías de Vigo, Pontevedra e Aldán; as illas Cíes, Ons e Sálvora; o Salnés e o Barbanza ao norte, a serra da Groba ao sur; e do monte Faro de Domaio a Cabo Home.

Imos coñecer un espazo natural que contén un alto valor paisaxístico, xeolóxico, biolóxico, social e cultural que comparten as parroquias canguesas de Darbo e Aldán e máis a lindante de Bueu.

Primavera en Ruta 2022

Nesta primavera, para Cangas A Illa dos Ratos presenta un programa de rutas moi completo que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como ‘Massó, o sentir dun pobo’, ‘O Facho, gardián milenario’, ‘Intermareal de Areamilla’,  ‘Muíños de Coiro’, ou ‘O Hío, de pedra en pedra’ mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como ‘Senda Costeira de Areamilla’ , ‘Cabo Home e a Costa da Vela’ ou ‘Serra da Madalena’.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!