Primavera Teatral en Vigo

sáb28mai19:30Primavera Teatral en Vigoprogramación maio - xuño 202219:30 Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Durante os meses de maio e xuño celebrarase a Primavera Teatral 2022. Unha programación de obras de teatro en diferentes asociacións de veciños da área metropolitana de Vigo.

Durante estes meses terán lugar as representacións de seis obras teatrais. O horario para todas elas será a partir das 19:30 horas.

A programación comezará o sábado 7 de maio coa actuación do grupo Teatro Tarantela e a súa obra ‘Retais teatrais en épocas virais’.

A seguinte actuación programada terá lugar o sábado 21, na que Agarimo Teatro presentará a obra teatral ‘Microcomedias 2’, no CSCR de Beade.

O sábado 28, a S.C.D. Atlántida de Matamá acollerá a obra ‘E a vostede, Que lle sucede?’ de Helios de Bembrive.

A seguinte actuación daralle a quenda a Escoitade e a súa produción teatral ‘Dominó celeste ou, que vai ser de ti Ernesto’. Esta representación terá lugar o próximo día 29.

Porta Aberta presentará no CCAR Valladares a súa obra ‘Munuwa’ o vindeiro sábado 4 de xuño.

O domingo 5 de xuño, pechará este ciclo de teatro o Atlántida de Matamá coa súa obra ‘As Impresentables’, no CCA Rueiro de Coia.


Hora

(Sábado) 19:30

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!