This is a repeating event

Programación de Nadal no Rosal

xov08dec11:00xov23:50Programación de Nadal no RosalConcello do Rosal11:00 - 23:50 Concello do Rosal - O Rosal

Detalles do Evento

O Rosal dá o sábado 3 de decembro a benvida ao Nadal, que chega ao concello cargado dunha morea de propostas para todos os públicos e para todos os gustos. Música, deporte, actuacións, danza… e moita diversión garantizada “para desfrutar dunha época moi destacada na que para nós é importante achegar o lecer á veciñanza de balde, un lecer que ofrece un amplo abano de opcións, tamén para eses días de Nadal no que os nenos e nenas están de vacacións na casa”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A xornada inaugural será este mesmo sábado, que arrancará coa apertura do tradicional Mercado de Nadal, “un espazo de oportunidades para as persoas que realizan traballos relacionados coa artesanía e o deseño, un lugar que permite visibilizar o traballo e talento creativo e innovador das persoas creadoras, artistas e artesás”. Celebrarase os días 3 e 4 de decembro no salón de exposicións do Concello de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Tras esta tradicional cita, o mércores e xoves 7 e 8 de decembro será a quenda do Mercado de Nadal da Asociación de Comerciantes do Rosal, que estará aberto ao público tamén no salón de exposicións o día 7 dende  as 20.00 horas e o día 8 dende as 10.00 horas.

sábado 3 a tarde arrancará cun magosto no que colaboran as asociacións culturais e deportivas rosaleiras ás 18.30 horas na Praza do Calvario que dará paso ao acendido das luces de Nadal ás 20.00 horas a cargo da Romualda, que ás 21.00 horas encherá o auditorio municipal coa súa actuación. Sábado 3 e domingo 4 Agrupación Musical do Rosal convida á veciñanza a gozar das dúas xornadas do Concurso Antonio Granja, que busca incentivar e premiar a novos talentos. Mentres, o sábado 10 a música volverá ser a protagonista coa audición do alumnado da Agrupación Musical ás 12.30 horas no auditorio municipal.

O Nadal comeza xa a chamar con forza ás portas do Rosal o domingo 11 de decembro co Festival de Nadal da Escola de Danza Attitude ás 18.00 horas no Auditorio Municipal e co concerto ‘Ecos do Nadal’, organizado pola Asociación Ecos do Folón ás 18.00 horas na Igrexa Parroquial de Santa Mariña. A vindeira fin de semana a música conquistará o Auditorio Municipal, xa que a Agrupación Musical do Rosal volverá subirse ao escenario para o Festival de Nadal de AMDOR o sábado 17 ás 18.00 horas e para o Concerto de Nadal ‘Unha noite de amor con Lela’ o domingo 18 ás 18.30 horas.

Xa o 23 de decembro, os pequenos e pequenas da casa poderán mergullarse de cheo no Nadal coa historia do Apalpador ás 18.00 horas no Auditorio Municipal, mentres que as e os máis afeccionados ao deporte os días 27 e 28 de decembro terán no pavillón municipal o X Trofeo O Rosal Handball Cup, organizado polo Valinox Novás.

O Rosal apostará polo humor, a música e o deporte para rematar o ano. Así, o venres 30 de decembro Os netos súbense de novo ao escenario para unha tarde de comedia e retranca, mentres que o sábado 31 a San Silvestre rosaleira tomará as rúas coa súa tradicional andaina e carreira que cada ano reúne a centos de participantes. Tras o deporte, soarán as badaladas ás 12.00 horas para dar paso  á sesión vermú con Sapoconcho Sem Poncho.

A programación para estas festas de Nadal rematarán xa no estreado 2023 cunha xornada real. O xoves 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán os barrios pola mañá saudando a todos os nenos e nenas, mentres que pola tarde, ás 17.00 horas, a Praza do Calvario acollerá o espectáculo de Sue Moreno, que rematará co saúdo dos Reis Magos e chocolatada.


Hora

(Xoves) 11:00 - 23:50

Localización

Concello do Rosal

Está pasando!