Proxección de 'Aceiro azul' en Pontevedra

ven03xuñ19:00Proxección de 'Aceiro azul' en PontevedraCiclo 'Subordinadas, coordinadas, xustapostas'19:00

Detalles do Evento

A sala de conferencias da Vicerreitoría acolle a proxección de ‘Aceiro azul’ (1990), de Kathryn Bigelow, nunha nova sesión do ciclo de cine ‘Subordinadas, coordinadas, xustapostas’, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.

Conformado por once proxeccións, este ciclo inserido na programación cultural da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, con entrada libre ata completar aforo, desenvólvese nas tardes dos venres, entre o 25 de marzo e o 10 de xuño.

Hora

(Venres) 19:00

Está pasando!