Proxección de 'Beiras. Vivir 2 veces' en Cangas

ven30set21:00Proxección de 'Beiras. Vivir 2 veces' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos21:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

O Cine Club Cangas inaugura a XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos o venres 30 de setembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas coa proxección do documental ‘Beiras, vivir 2 veces’ dos cineastas Pepe Coira, Gaspar Broullón e Jorge Coira.

Presentación e coloquio con Jorge e Pepe Coira.

  • Título orixinal: ‘Beiras. Vivir 2 veces’
  • País:  Galicia
  • Ano: 2021
  • Xénero: Documental
  • Dirección: Pepe Coira, Gaspar Broullón e Jorge Coira
  • Guión: Pepe Coira, Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”, a partir dunha idea orixinal de Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”.
  • Fotografía: Jaime Pérez, Antonio Grunfeld, Clara Coira, Álvaro Liste, Ángel Sousa, Gaspar Broullón, Luis Avilés Baquero.
  • Reparto: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Manuel Caamaño Suárez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ánxel Huete, Flor Maceiras, Luísa Martínez Pazos, Xosé Luís Méndez Ferrín, Martiño Noriega, Gerardo Pisarello, Rosa Regueiro Ferreira, Silverio Rivas, Mercedes Rozas, Manoel Santos, Luís Soto e Isabel Torres Antelo.
  • Duración: 70 min.

Sinopse:

Beiras mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso non é un filme sobre Beiras, senón un filme con Beiras. O repaso da experiencia trénzase cunha das actividades predilectas do noso protagonista: a conversa.

No documental, Beiras atópase con algunhas das persoas coas que mellor se pode falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!