Proxección de 'El caracol y la ballena y otros cuentos del mar' en Cangas

sáb01out18:00Proxección de 'El caracol y la ballena y otros cuentos del mar' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos18:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos o sábado 1 de outubro ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Cangas acolle a proxección de ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.

  • Público: A partir de 3 anos
  • Xénero: Animación
  • Duración: 57 minutos

Sinopse:

‘El caracol y la ballena’. Max Lang, Daniel Snaddon, Reino Unido, 2019, 30’

La hoja. Aliona Baranova, República Checa, 2020, 5’40’’ Un mariñeiro recibe una bonita folla de outono dunha nena que lle fai lembrar o seu fogar. Canto tempo leva viaxando? Que atopará ao volver á casa?

‘La hoja’. Aliona Baranova, República Checa, 2020, 5’40’’

Un mariñeiro recibe una bonita folla de outono dunha nena que lle fai lembrar o seu fogar. Canto tempo leva viaxando? Que atopará ao volver á casa?

¡Al agua! Barbora Valecká, Filip Pošivač, República Checa, 2019, 12’02’’, sen diálogos

Chameleon e Kiwi son unha parella estraña. Mentres o primeiro chama a atención polas súas cores cambiantes, o segundo foxe da atención. Pero cando chega unha gran tormenta, as diferenzas non importan e deben axudarse para chegar ao barco que os agarda na costa.

‘La pesca milagrosa’. Fabrice Luang-Vija, Francia, 2019, 6’45’’, sen diálogos

Nun mar calmo, un home pesca no seu bote co seu gato. A primeira pesca é unha sardiña, pero todo o que vén despois é absurdo e sorprendente.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!