'El Principito' na Guarda

xov07xul22:30'El Principito' na GuardaCinema de rúa na Guarda22:30 Praza do Reló - A Guarda

Detalles do Evento

A programación de actividades de ‘Miúdo Verán’ arranca na xornada do xoves día 7 de xullo ás 22:30 horas coa proxección da película de animación infantil ‘El Principito’ (Mark Osborne, Fracnia, 2015) na Praza do Reló.

Nesta sesión de cinema de rúa, unha nena pequena vive nun mundo de adultos xunto a súa nai, quen intenta preparala para a dura realidade, esperando que a súa filla creza rápido. Pero, grazas ao excéntrico e amable aviador que ten como veciño, a xoven descubrirá que existe outro mundo onde todo é posible. Así, escoitará fascinada as interesantes historias sobre o Principiño, á vez que comprende a importancia de prestar atención as cousas realmente importantes.

A asistencia aos eventos de ‘Miúdo Verán’ é de balde ate completar o aforo dispoñible en cada caso, a alternativa no posible caso de choiva comunicarase nos días previos a cada evento.


Hora

(Xoves) 22:30

Localización

Praza do Reló

Praza do Reló 3678 A Guarda

Está pasando!