Proxección de 'Fe y libertad'

lun23mai20:00Proxección de 'Fe y libertad'Doc del mes20:00

Detalles do Evento

No marco do ciclo de cinema de documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra acolle a proxección de ‘Fe y libertad’, filme no que a directora Ivana Marinić Kragić aborda a historia de amor de dúas monxas de clausura que residen en dous conventos de Croacia.

Que ocorre cando un amor prohibido florece nun convento de clausura? Como encaixar unha crise de identidade nunha vida consagrada á relixión? Dúas novas monxas nárrannos en primeira persoa a súa historia de amor en común. Viven en dous conventos separados en Croacia, pero os espazos que unha vez consideraron refuxios espirituais resultan ser máis terreais do esperado.

Desilusionadas coa Igrexa e os abusos dentro da institución, cheas de contradicións e impulsadas polo seu amor, toman a decisión máis difícil da súa vida: abandonar o convento e comezar unha nova vida xuntas.

Un documental intimista que segue a vida de dúas mulleres que buscan o equilibrio entre a súa orientación sexual e a súa fe para loitar por unha relación que a sociedade croata e as comunidades relixiosas non aceptan. Unha historia valente sobre a procura da verdadeira identidade e a liberdade.

Entrada de balde. Non é necesaria reserva.

Hora

(Luns) 20:00

Está pasando!