Proxección de 'Harold e Maude' en Pontevedra

ven10xuñ19:00Proxección de 'Harold e Maude' en PontevedraCiclo 'Subordinadas, coordinadas, xustapostas'19:00

Detalles do Evento

A sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra acolle a proxección de ‘Harold e Maude’ (1971)’, de Hal Ashby, nunha nova sesión do ciclo de cine ‘Subordinadas, coordinadas, xustapostas’, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.

Conformado por once proxeccións, este ciclo inserido na programación cultural da Vicerreitoría, con entrada libre ata completar aforo, desenvólvese nas tardes dos venres, entre o 25 de marzo e o 10 de xuño.

Hora

(Venres) 19:00

Está pasando!