Proxección de 'La voluntaria' en Cangas

sáb01out21:00Proxección de 'La voluntaria' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos21:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o sábado 1 de outubro ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Cangas acolle a proxección de ‘La voluntaria’.

  • Título orixinal: ‘La Voluntaria’
  • País: España
  • Ano: 2022
  • Xénero: Ficción
  • Dirección: Nely Reguera
  • Guión: Nely Reguera, Valentina Viso e Eduard Sola
  • Fotografía: Aitor Echevarría
  • Reparto: Carmen Machi, Itsaso Arana, Arnau Comas, Dèlia Brufau, Yohan Levy e Henrietta Rauth
  • Duración: 78 min.

Sinopse:

Marisa, unha médica xubilada, decide darlle unha volta á súa vida e viaxar como voluntaria a un campo de refuxiados grego onde, ao seu entender, precisan xente exactamente coma ela. Ao chegar decatarase de que non ten nada que ver cos demais. Cando coñece ao pequeno Ahmed, os lindes entre a necesidade de coidar e o sentirse útil comezan a esvaerse.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!