Proxección de 'Mamá es pura lluvia' e 'Mi vida en Versalles' en Cangas

dom02out18:00Proxección de 'Mamá es pura lluvia' e 'Mi vida en Versalles' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos18:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o domingo 2 de outubro ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Cangas acolle as proxeccións de ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’.

‘Mamá es pura lluvia’

  • Xénero: Animación
  • País: Francia
  • Ano: 2021
  • Dirección: Hugo de Faucompret
  • Guión: Lison d’Andréa, Hugo de Faucompret
  • Música: Pablo Pico
  • Duración: 29 min.

Sinopse:

A nai de Jane manda a súa filla a pasar o Nadal coa avoa e alí fará novas amizades. Jane aprende a abrirse a outros e iso vaille servir de inspiración á súa nai para superar os seus problemas.



‘Mi vida en Versalles’

  • Xénero: Animación
  • País: Francia
  • Ano: 2019
  • Dirección: Nathaniel Hlimi, Clémence Madeleine-Perdrillat
  • Guión: Nathaniel Hlimi, Clémence Madeleine-Perdrillat
  • Música: Albin De la Simone
  • Duración: 28 min.

Sinopse:

Violette, unha nena orfa de 8 anos, vai vivir co seu tío Régis, que traballa de encargado da limpeza no Palacio de Versalles. Violette odia a Regis e el odia os nenos, pero non lles queda outra que aprender a convivir polo ben dos dous.



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/


Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!