xuño, 2022

Detalles do Evento

No marco do ciclo de cinema de documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra acolle a proxección de ‘Mil incendios’, un filme no que Saeed Taji Farouky retrata a vida dunha familia de Myanmar que extrae petróleo manualmente para sobrevivir.

Un emotivo retrato dunha familia de Myanmar (Birmania) que extrae petróleo manualmente para sobrevivir. Nunha contorna rural marcada polo lume, os buracos no subsolo e o ritmo mecánico dunha industria petroleira artesanal, Thein Shwe e Htwe Tin en entregan en corpo e alma para extraer un barril de petróleo ao día. O fillo maior, Zin Ko Aung, quere romper cun sistema violento que explota aos seus pais. O cineasta Saeed Taji Farouky inspirouse en There Will be Blood de Paul Thomas Anderson para capturar o mundo marcado polos pozos de petróleo en pleno século XXI.

A forza das imaxes e un traballo sonoro inmersivo consegue capturar o ambiente mitológico da cultura popular de Myanmar. O choque xeracional e a explotación dos recursos naturais mestúrase coa astrología, as vidas pasadas e os ciclos de morte e renacemento.

Galardoada na Semaine de Critíquea de Locarno 2021.

Entrada de balde ata completar cabida.

Hora

(Luns) 20:00

Está pasando!