Proxección de 'Uncharted' en Salvaterra

sáb18feb22:00sáb23:50Proxección de 'Uncharted' en Salvaterraciclo 'Cine de Inverno'22:00 - 23:50 Casa da Cultura de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Dentro do ciclo ‘Cine de Inverno’, organizado polo Concello de Salvaterra, o salón da Casa da Cultura acolle o sábado 18 de febreiro ás 22:00 horas a proxección do filme ‘Uncharted’ (Ruben Fleischer, Estados Unidos, 2022).

Sinopse

Baseada nunha das series de videoxogos máis vendidas e aclamadas pola crítica de todos os tempos, ‘Uncharted’ presenta a un mozo, astuto e carismático, Nathan Drake (Tom Holland) na súa primeira aventura como cazatesoros co seu enxeñoso compañeiro Victor “Sully” Sullivan (Mark Wahlberg).

Nunha aventura de acción que se estende por todo o mundo, ambos se embarcan nunha perigosa procura de “o maior tesouro nunca antes atopado” á vez que rastrexan as claves que lles poderían conducir ao irmán de Nathan, perdido fai xa moito tempo.


CICLO ‘CINE DE INVERNO’

Con entrada de balde, ata completar aforo, dende o 14 de xaneiro ata o 19 de marzo, nenos e maiores poderán gozar dunha oferta coas estreas do anos 2021 e 2022, con diferentes xéneros para dar cabida a todos os gustos e idades.

Os sábado ás 22:00 horas e os domingos ás 17:00 horas (sesión infantil) no salón de actos da Casa de Cultura de Salvaterra temos unha cita cinematográfica coa seguinte programación:.

  • Sábado 14 de Xaneiro – 22:00h. – WAY DOWN
  • Domingo 15 de Xaneiro – 17:00h. – ENCANTO
  • Sábado 21 de Xaneiro – 22:00h. – MAIXABEL
  • Domingo 22 de Xaneiro – 17:00h. – CLIFFORD, EL GRAN PERRO ROJO
  • Sábado 28 de Xaneiro – 22:00h. – CAZAFANTASMAS. MÁS ALLÁ
  • Domingo 29 de Xaneiro – 17:00h. – CANTA 2
  • Sábado 4 de Febreiro – 22:00h. – VUELTA A CASA DE MI HIJA
  • Domingo 5 de Febreiro – 17:00h. – LUNÁTICOS
  • Sábado 11 de Febreiro – 22:00h. – SPIDERMAN, NO WAY HOME
  • Domingo 12 de Febreiro – 17:00h. – EL LOBO Y EL LEÓN
  • Sábado 18 de Febreiro – 22:00h. – UNCHARTED
  • Domingo 19 de Febreiro – 17:00h. – BEBÉ JEFAZO 2, NEGOCIOS DE FAMILIA
  • Domingo 26 de Febreiro – 17:00h. – CÁSATE CONMIGO
  • Sábado 4 de Marzo – 22:00h. – EL MÉTODO WILLIAMS
  • Domingo 5 de Marzo – 17:00h. – LA FAMILIA ADDAMS 2, LA GRAN ESCAPADA
  • Sábado 11 de Marzo – 22:00h. – LA CASA GUCCI
  • Domingo 12 de Marzo – 17:00h. – AINBO: LA GUERRERA DEL AMAZONAS
  • Sábado 18 de Marzo – 22:00h. – MUERTE EN EL NILO
  • Domingo 19 de Marzo – 17:00h. – LOS TIPOS MALOS

Xa sabedes, este ano comeza cun inverno de cine!

Hora

(Sábado) 22:00 - 23:50

Localización

Casa da Cultura de Salvaterra

Rúa Raíña Dona Urraca, 12 - 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!