Proxección de 'Valentina' en Cangas

mar04out10:00Proxección de 'Valentina' en CangasXVII Semana de Cine de Cangas - cinemas ocultos10:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o martes 4 de outubro ás 10:00 horas, o Auditorio Municipal de Cangas acolle a proxección de ‘Valentina’.

  • Título orixinal: Valentina
  • Xénero: Animación
  • País: Galicia
  • Ano: 2021
  • Dirección: Chelo Loureiro
  • Guión: Chelo Loureiro, Lúa Testa
  • Música: Nani García
  • Duración: 70 min

SINOPSE

Valentina soña con ser trapecista, pero cre que non vai conseguilo porque é unha nena con síndrome de Down. Pola contra, a súa avoa asegúralle que, se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible e que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que a avoa emprega no seu afán por converterse en directora de orquestra.

PREMIOS

  • Premios Platino: Nominada á mellor película de animación
  • Premios Quirino: Nominada á mellor longametraxe
  • Premios Goya: Mellor película de animación


A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/


Hora

(Martes) 10:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!