'Proyecto Brújula II' en Vigo

sáb15out20:00'Proyecto Brújula II' en Vigocarolina calema20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Do 14 ao 16 de outubro, a Sala Ártika acolle o espectáculo ‘Proyecto Brújula II’, unha coprodución Hispano Ecuatoriana co apoio de Iberescena.

‘Proyecto Brújula II’ trata sobre a realidade virtual e a realidade tanxible. Navegaremos por ambos os espazos onde a través da procura da identidade, os tres intérpretes mergullarán para atopar cal é a que eles elixen: a virtual, a tanxible, ou ambas?

Nun mundo onde todo está imposto, e queiras ou non, elixes o camiño que che ofrece o sistema, ás veces algunhas persoas logran polo menos cuestionarse se ese é o mundo no que queren vivir.

Datas: 

  • Venres 14 de outubro ás 20:00h
  • Sábado 15 de outubro ás 20:00h
  • Domingo 16 de outubro ás 12:00h

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión á venda en artikavigo.com
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14€

Idade recomendada: + 10 anos

Duración: 60 minutos

 

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!