maio, 2021

01mai20:00'Pyka'Cinema Sticado20:00 Auditorio Lois Tobío, GondomarEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Acompañados pola música en directo do Trío Caspervek, o colectivo de artistas Cinema Sticado volve a carga cunha emocionante viaxe polo íntimo da memoria a través dunha ollada poética que recorda, que descobre, que transforma.

Pyka, que en ruso significa brazo, é a historia e o remake dunha película desaparecida da cal só queda un documento sonoro e o seu título. O punto de partida é un relato familiar de Helena Varela que sitúa a súa avoa Gelines como única testemuña dunha película de animación que fixo unha tal Olga Lebèdev na Rusia stalinista, en colaboración co director de cine Sergei Eisenstein.

  • Actores / Manipuladores Helena Varela e Xosel Díez
  • Músicos Brais González (piano), Raquel Fernández (violín) e Blas Castañer (percusión)
  • Creación Xosel Díez e Helena Varela
  • Dirección Xosel Díez
  • Dramaturxia Julio Fer e Xosel Díez
  • Monicreques humáns Xabi Varela
  • Música Orixinal Brais González
  • Iluminación Julio Fer
  • Escenografía Xosel Díez
  • Vestiario Helena Varela

Prezo: 3,50 €. As entradas pódense adquirir a través do despacho de billetes electrónico taquilla.concellodegondomar.gal 

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Lois Tobío

Lugar Urbanización Miñor, 0 s/n, 36380 Gondomar

Está pasando!