novembro, 2022

Detalles do Evento

Enmarcada na Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra,  a Obra Social de Abanca trae o mércores 16 de novembro ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra ‘¡Que salga Aristófanes!’, de Joglars.

«En 2022 Joglars cumpren 60 anos da súa creación, o que os converte na compañía de teatro privada en activo máis antiga de Europa»

1 h 20 min | Castelán | NRM 14

Unha reivindicación á liberdade da arte nun momento en que está a ser vítima dunha sociedade sobreprotectora.

Cunha dramaturxia contemporánea, combinando música, danza, literatura e audiovisual, Joglars poñen o foco na infantilización do mundo adulto, onde a arte debe ser correcta, fácil e que non dane. Arte vaselina.

Con humor e sátira, mostran a perversidade disfrazada de boa moral, linchando os e as discrepantes nas novas fogueiras de Twitter, Facebook e demais redes sociais.

  • Dirección e adaptación: Ramón Fontseré
  • Dramaturxia: El Joglars
  • Dirección de escena: Alberto Castrillo Ferrer
  • Elenco: Ramon Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xevi Vilà, Alberto Castrillo-Ferrer e Angelo Crotti

Entradas anticipadas e abonos á venda en Ataquilla.com

Esta tempada enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa lanzado por Afundación Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obsectivo de contribuir a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Afundación convida a todas as persoas que asistan ás funcións a colaborar con esta campaña solidaria, doando productos non perecedoiros que poderán depositar na entrada do teatro.

Descarga aquí o folleto programación Tempada Abono Teatro Afundación Pontevedra Setembro-Decembro 2022.

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Auditorio Sede AfundaciónRúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!