'Queen Revolution' en Vigo

ven26mai20:30ven23:50'Queen Revolution' en Vigothe best queen revolution tour20:30 - 23:50 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

A banda italiana Queenuendo presenta un dos mellores espectáculos homenaxe a Queen do momento en Europa. Cunha xira renovada e un show cheo de cor e de interacción permanente co público. Cambios de vestiario, vídeo proxeccións e todos os éxitos de Queen en case dúas horas dun espectáculo que vira co nome de ‘Queen Revolution’ como proxecto que se prolongará durante o ano 2023.

A banda está liderada por Nino Bolletieri (Nix Mercury), no papel de Freddie. É profesor de piano e canto e achega ao show, ademais dos seus coñecementos para interpretar como poucos a Mercury en vivo, en voz e piano, un parecido físico co orixinal que axuda a xogar co espectador en canto á cuestión estética.

Unha banda formada por grandes músicos entre os que destaca Vito Dematteis (Tuccio de Maggio), un guitarrista de longa traxectoria en diversos espectáculos homenaxe a Queen no papel de Brian May ao longo de case 20 anos percorrendo Italia e o resto de Europa.

Completando o proxecto están Luigi (Jonny Z) como John Deacon, e Giuseppe (T Belo) como Roger Taylor. Todos os compoñentes coinciden en ser músicos profesionais e de ter unha traxectoria nos escenarios como mellor aval para un espectáculo feito en directo.

Entradas anticipadas á venda desde 28 euros en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 20:30 - 23:50

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!