Rafa Maza: 'Fabiolo Connectión' en Redondela

dom16xan19:30Rafa Maza: 'Fabiolo Connectión' en RedondelaIV ciclo de monólogos 'Humor na súa tinta'19:30 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

O domingo 16 de xaneiro ás 19:30 horas no Auditorio da Xunqueira, Rafa Maza presenta o monólogo ‘Fabiolo Connection’.

Unha proposta incluída no IV ciclo de monólogos ‘Humor na súa tinta’, organizado polo Concello de Redondela.

O teu pijo preferido descubrirá o sentido da vida e das prospeccións petrolíferas en boca de sultáns, califas, xeques, bereberes, sátrapas, imáns, chambelanes, pachás, reis eméritos ou coñecidas estrelas do mundo da cultura e o espectáculo nun ambiente de mil e unha noites.

No medio desta atmosfera arenosa de sensualidade e deleite, Fabiolo descifrará o futuro que nos agarda, ademais, de facer o seu consabido repaso á máis candente actualidade co estilo fresco e irreverente ao que nos ten afeitos. Para iso o noso heroe da raqueta contará, a parte do seu revés e do seu Visa de diamantes, cun poderoso aliado tecnolóxico, agasallo do xeque: unhas lentes de realidade virtual ” fabiolosas”. Porque Fabiolo quere ensinarnos que hai dúas visións da vida: unha ordinaria e vulgar, e outra máis cool e elegante. Cal é a túa?

Non vos perdades estes 80 minutos das situacións máis tronchantes… Show imperdible!!!

Entradas anticipadas á venda desde 12 euros en woutick.es

Hora

(Domingo) 19:30

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!