Rafa Maza: 'Fabiolo Connectión' en Vigo

ven14xan21:00Rafa Maza: 'Fabiolo Connectión' en VigoOrganiza: pares o nones21:00 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles do Evento

O venres 14 de xaneiro ás 21:00 horas no Teatro Cine Salesianos, Rafa Maza presenta o monólogo ‘Fabiolo Connection’.

O teu pijo preferido descubrirá o sentido da vida e das prospeccións petrolíferas en boca de sultáns, califas, xeques, bereberes, sátrapas, imáns, chambelanes, pachás, reis eméritos ou coñecidas estrelas do mundo da cultura e o espectáculo nun ambiente de mil e unha noites.

No medio desta atmosfera arenosa de sensualidade e deleite, Fabiolo descifrará o futuro que nos agarda, ademais, de facer o seu consabido repaso á máis candente actualidade co estilo fresco e irreverente ao que nos ten afeitos. Para iso o noso heroe da raqueta contará, a parte do seu revés e do seu Visa de diamantes, cun poderoso aliado tecnolóxico, agasallo do xeque: unhas lentes de realidade virtual ” fabiolosas”. Porque Fabiolo quere ensinarnos que hai dúas visións da vida: unha ordinaria e vulgar, e outra máis cool e elegante. Cal é a túa?

Non vos perdades estes 80 minutos das situacións máis tronchantes… Show imperdible!!!

Entradas anticipadas á venda en woutick.es

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!