'Ragazzo' en Vigo

sáb12feb20:00'Ragazzo' en VigoBarrosanta20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, detencións, prohibicións de manifestarse, reunirse, e ata de tender a roupa nos balcóns… 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza.Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondiciounou como o seu fogar, durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor.

Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler, escribir, e incluso de namorarse… e por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo violar o confinamento da zona blindada para os líderes mundiais. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias personais: unha reivindicación.

Datas:

  • Venres 11 de febreiro ás 20:00 horas
  • Sábado 12 de febreiro ás 20:00 horas
  • Domingo 13 de febreiro ás 20:00 horas

Idade recomendada: + 18 anos

Duración: 75 minutos

Prezo: As entradas para este espectáculo teñen un prezo de 14,00 euros (entrada xeral) ou 10,00 euros + gastos de xestión á venda en artikavigo.com

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!