Festa da Reconquista da Vila de Vigo

xov30mar00:00xov23:59Festa da Reconquista da Vila de VigoFesta declarada de interese turístico nacional00:00 - 23:59 Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Este ano, a Reconquista desenvolverase entre o 25 de marzo e o 2 de abril. O sábado 25 será a representación da invasión dos franceses e a destitución do alcalde, no Berbés. O xoves, 30 de marzo, celébrase a Reconquistiña, na Porta do Sol. O domingo, 2 de abril, será cando a cidade represente a expulsión dos exércitos franceses, tamén na Porta do Sol.

O cartel deste ano foi deseñado polo artista Andrés Meijide a quen eloxiou o alcalde ao tempo que destacou a “cooperación conxunta coa vontade e vocación de ir trazando esta grande festa” felicitando á organización polo labor que desenvolven para o bo funcionamento da cita.

Desde o luns, 23 de xaneiro, e ata o 20 de febreiro, poderán solicitarse as autorizacións para os postos de venda da Festa da Reconquista. As bases publicaranse na páxina web da Asociación de Veciños do Casco Vello e na páxina web do Concello de Vigo.


Hora

(Xoves) 00:00 - 23:59

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!