'Rilla-Rilla'

dom26set18:00dom23:50'Rilla-Rilla''Tornar ás táboas'18:00 - 23:50 Concello de Forcarei - Forcarei

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, Atenea García de Xarope Tulú, porá en escena no Auditorio de Soutelo de Montes o espectáculo ‘Rilla-Rilla’.

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda… Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada.

Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre.

Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros. Se queredes saber o que significa rilla-rilla, poñede atención…

‘Rilla-Rilla’ é un espectáculo de pequeno formato dirixido a todos os públicos, que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. A través do relato irémonos mergullando nun mundo de rotacismos, un lugar con idiosincrasia propia que estivo aí sempre e ao que poucas veces lle poñemos atención. As ondas e o salitre hannos levar ao lugar das palabras esquecidas.

‘Rilla-Rilla’ é un espectáculo dinámico onde o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento.

Hora

(Domingo) 18:00 - 23:50

Localización

Concello de Forcarei

Está pasando!