abril, 2021

16abr19:00"Riscando o ceo"Circo Chosco19:00 Praza do Reló, A GuardaEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

A compañía Circo Chosco presenta o espectáculo ao aire libre “Riscando o Ceo”, dentro da programación organizada polo Concello de A Guarda polo Día do Libro.

“Riscando o ceo” lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas.

Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e a risa.

Un show de circo que emocionará a todo tipo de persoas a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés… porque, como se di en O Principiño, «o esencial é invisible aos ollos.

Este evento está recomendado para tódolos públicos e moi especialmente ás familias, é preciso anotarse previamente en cultura@aguarda.es.

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Praza do Reló

Praza do Reló 3678 A Guarda

Praza do RelóPraza do Reló 3678 A Guarda

Está pasando!