'Romeo y Julieta, un amor inmortal' en Vigo

ven03xuñ20:30'Romeo y Julieta, un amor inmortal' en Vigoa mellor produción de teatro musical desta tempada en España20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Dirixida por Tomás Padilla e co respaldo da produtora de musicais máis lonxeva do noso país, Theatre Properties, chega a Pontevedra a mellor produción de teatro musical desta tempada en España: ‘Romeo y Julieta, un amor inmortal’.

Unha impactante escenografía, 250 traxes de época, unha produción ao máis estilo Broadway e interpretada polos mellores artistas nacionais, que che transportará ao século XVI de William Shakespeare… amor, odio, vinganza e traxedia cun ritmo trepidante e intenso, e unha partitura completamente orixinal que che acariñará a alma.

El chámase Romeo, e é un Montesco; ela, Julieta, unha Capuleto. Fillos de dúas grandes familias rivais en Verona. Un amor imposible aos ollos da cidade. Un amor inevitable e sincero que os converterá nos amantes máis soados da literatura universal.

Protagonizado por Carlos J. Benito (Romeo) e Silvia Villaú (Julieta), están acompañado por artistas de tamén consagrada traxectoria como Paco Arrojo, Ángels Jiménez, Enrique R. Del Portal, Santiago Cano, Carlos Solano, Daniel Busquier, Nuria Sánchez ou Antonio Villa entre outros.

Entradas anticipadas á venda desde 30 euros en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!