'Rompe. Xoga en igualdade' en Catoira

mar28feb(feb 28)00:00xov30mar(mar 30)23:59'Rompe. Xoga en igualdade' en CatoiraDeputación de Pontevedra(febreiro 28) 00:00 - (marzo 30) 23:59 Concello de Catoira - Catoira

Detalles do Evento

A sala de exposicións Luis Seoane do Concello de Catoira acolle do 28 de febreiro ao 30 de marzo a exposición ‘Rompe. Xoga en igualdade’ .

Con esta proposta o Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra quere reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista.

Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.

As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.

Mostralas intervidas como mulleres obxecto e representando a realidade da desigualdade das mulleres na sociedade entendemos que resulta didáctico, esclarecedor e reivindicativo.

  • Das bonecas intervidas, creación e textos: Isabel Blanco
  • Da dirección artística, instalacións e cartaz: Irene Silva Xiráldez
  • Da fotografía: Noemi Chantada (Islandia Producciones)
  • Do audiovisual: La Resistance Comunicación e Innovación, S. L.

Inauguración da exposición o martes 28 de febreiro, ás 12:30 horas.

Horario: de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas. Sábados e domingos pechado.


Hora

Febreiro 28 (Martes) 00:00 - Marzo 30 (Xoves) 23:59

Localización

Concello de Catoira

Está pasando!