© Concello de Baioa

Roteiros de sendeirismo 'Baiona Natural'

dom03abr(abr 3)09:30dom11set(set 11)09:30Roteiros de sendeirismo 'Baiona Natural'concello de baiona(abril 3) 09:30 - (setembro 11) 09:30 Concello de Baiona - Baiona

Detalles do Evento

Tras o éxito o pasado outono da proposta de ‘Baiona Natural’ o Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, márcase como obxectivo para 2022 fixar e potenciar os catro roteiros de sendeirismo que transcorren por todas as parroquias do municipio.

Están adaptados para público maior de 16 anos, a primeira das sendas denomínase ‘Chan da Lagoa-Baíña’, este roteiro terá como eixo principal descubrir a historia pasada da vila e visibilizar os vestixios que aínda podemos atopar. Ademais, quérese potenciar os roteiros de ‘Descobre Baredo’, ‘A Groba Panorámica’ e ‘A Groba Montañosa’.

Catro roteiros polos montes da localidade para poñer en valor a súa riqueza paisaxística e etnográfica, deseñados pola empresa Baiventura, empresa local que levará a cabo os percorridos, realizaranse no mes de abril, maio xuño e en setembro.

  • 3 de abril: ‘Chan da Lagoa-Baíña’ / 10,5 km. Trátase dun percorrido de 10,5 km circular deseñado para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da súa contorna. Esta ruta terá como eixo principal descubrir a historia pasada da Vila e visibilizar os vestixios que aínda podemos atopar. Terá unha duración aproximada de 3,5h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de quince anos. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: Estación Arqueolóxica Outeiro dos Lameiros (petróglifos), o Camiño Medieval, panorámica Val Miñor, panorámica Bahía de Baiona, fervenza río San Cosme, merendero Chan da Lagoa.
  • 15 de maio: ‘Descobre Baredo’ / 9,5 km. Ruta circular de 9,5 km deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando dun lugar privilexiado. Esta ruta terá como eixo principal dar a coñecer a vida dos baioneses e a repercusión que trouxo a Baiona o paso do Camiño de Santiago. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: Os muíños do río Fraga, o Facho, a fonte dos mortos, e a parroquia de Baredo.
  • 19 de xuño: ‘A Groba Panorámica’ / 7 km. Deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da contorna panorámica da vila. A ruta de 7 km mostra a contorna marítima desde os mellores miradoiros do alto da Groba. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: miradoiro do Cortelliño, miradoiro Alto da Groba, A Gabiñeira, Granxa da Tomada, Fonte da Groba. Terá unha duración aproximada de 3 horas, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de quince anos.
  • 11 de setembro: ‘A Groba Montañosa’ / 10,5 km. Deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da súa contorna. Esta ruta mostraranos as diferentes formacións e desniveis creados pola natureza e que dan forma a Serra da Groba. Terá unha duración aproximada de 3,5 horas, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de quince anos. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: A regueira Escura, Camiño Medieval, Calveiras, Floral da Groba, Pedra do Acordo, As Abrutias, Miradoiro Alto da Groba e Gabiñeira.

Imprescindible inscrición previa, que se abrirá 15 días antes de que se celebre cada un dos roteiros na oficina de turismo, no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal ou por teléfono no 986 68 70 67.


Hora

Abril 3 (Domingo) 09:30 - Setembro 11 (Domingo) 09:30

Localización

Concello de Baiona

Está pasando!