outubro, 2021

10out11:0013:30Roteiros Literariospaseos turístico-culturais11:00 - 13:30 Concello de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

Os paseos turístico-culturais, que de novo estarán guiados por autores e autoras da AELG, iniciaranse o 12 de setembro en Vigo e chegarán tamén aos concellos de Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra.

Deputación de Pontevedra segue a “aviventar” cultura na provincia e porá en marcha o vindeiro 5 de setembro o seu programa de Roteiros Literarios por cidades e vilas  que son escenario ou que inspiraron obras literarias.

Serán de novo cinco paseos, para os que haberá un total de 125 prazas, que se desenvolverán por espazos dos concellos de Vigo, Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra. O programa volve contar coa colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Cada un dos roteiros, que terán lugar tres domingos de setembro e os dous primeiros de outubro en horario de 11:00 a 13:30 horas, contará con 25 prazas.

Terán como guías a autores e autoras da AELG, que tomarán como base obras propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos. Deste xeito, o público poderá gozar desta experiencia descubrindo unha nova visión destes lugares e viaxando pola memoria literaria do territorio.

As inscricións poden realizarse xa no enderezo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando cal é a ruta escollida, os nomes das persoas participantes (máximo de 4 por reserva) e un teléfono de contacto.

  • As camiñadas, que forman parte do programa provincial “Aviventa Cultura”, arrancarán o domingo, 12 de setembro, co Roteiro de dramaturxia en Vigo, que conducirá o dramaturgo Ernesto Is e que percorrerá aqueles espazos que serviron de inspiración ou nos que se ambientan obras de autores como Marta Pérez, Cunqueiro, Valle-Inclán, María Xosé Queizán ou o propio Is.
  • O 19 de setembro será o actor, director e dramaturgo Santiago Cortegoso ofrecerá en Moaña o paseo titulado O ronco do carneiro. Alí contará historias de fuxidos polos montes de Domaio, inspiradas na obra do mesmo título e que falarán dos lugares e das consecuencias da represión franquista na comarca.
  • A última ruta do mes de setembro, o día 26, será en Salvaterra, onde Raquel Castro guiará Versos de auga e viño, con paradas en lugares que evocan a pegada de Cunqueiro, Manuel Puente e Xela Arias, entre outros.
  • Xa en outubro, haberá dous roteiros, o primeiro o día 3 en Silleda, conducido pola xornalista e escritora Ana Cabaleiro, que leva por título Memoria e ficción no relato rural e que percorrerá parte do centro urbano da localidade para poñer en valor as pegadas literarias que atesoura.
  • Os paseos literarios rematarán o día 10 de outubro en Pontevedra, onde o autor Xosé Monteagudo guiará o titulado Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos, un roteiro que o pasado 2020 non se puido levar a cabo por mor da Covid. Percorrerá escenarios desta novela de Monteagudo , en especial os espazos onde se situaban os cafés dos anos 20 e 30 do século XX, algúns edificios relacionados co pulo da docencia nesa época ou os lugares relacionados coa fundación do Partido Galeguista.

O desenvolvemento destas rutas estará guiado por un estrito protocolo con todas as medidas de seguridade e garantías sanitarias e será obrigatorio o uso de máscara.


Hora

(Domingo) 11:00 - 13:30

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!