Ruta 'Cangas e o mar'

sáb20novConsultarRuta 'Cangas e o mar''Outono en ruta 2021' (Consultar: sábado) Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Nesta ruta faremos unha aproximación ás orixes da vila vinculados ao mar. Explicaremos algunhas das artes de pesca que se empregaban como o cerco e as sacadas e coñeceremos as institucións que foron a base do crecemento da vila vinculados á actividade mariñeira e exportadora.

Coñeceremos a importancia do sal na conservación do peixe e as implicacións que tivo para Cangas o seu estanco. Finalmente, veremos como a finais do século XIX se produce unha importante confrontación entre os pescadores máis humildes adicados á pesca tradicional de autosubsistencia e os conserveiros que pretendían unha pesca moito máis extensiva utilizando novas embarcacións e artes de pesca.

Explicaremos especialmente ese conflito histórico tan relevante no desenvolvemento económico e social do pobo que daría lugar ao nacemento dos movementos sociais e sindicais relacionados co mar como o “Pósito de Cangas”, ou os sindicatos “A Alianza Mariñeira” ou “A Reivindicadora”.


‘Outono en ruta 2021’

Para celebrar que A Illa dos Ratos veñen de chegar ás 450 rutas realizadas dende 2016, nos meses de outubro e novembro presentan ‘Outono en ruta 2021’ composto por 8 rutas en diferentes localizacións de Cangas no que contan coas colaboracións da A.C. A Cepa e Comercio do Morrazo e que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como ‘Massó, o sentir dun pobo’, ‘O Facho, gardián milenario’, ‘Muíños de Coiro’ ou ‘Intermareal de Areamilla’, mesturados con outras rutas como ‘O Hío, de pedra en pedra’, ‘Cangas e o mar’ ou ‘Historia das mulleres de Cangas’.

As rutas levaranse a cabo cumprindo con todos os requisitos de seguridade que as autoridades establezan en cada momento.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Cun límite de 30 prazas por ruta, unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


 

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!