This is a repeating event

Ruta 'Intermareal de Tirán'

sáb06nov10:30Ruta 'Intermareal de Tirán''Descubre moaña no outono'10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Da man da Asociación A Illa dos Ratos, o Concello de Moaña organiza o programa ‘Descubre Moaña no Outono’, con rutas guiadas gratuítas que terán lugar nos meses de setembro, outubro e  novembro.

Ruta ‘Intermareal de Tirán’

Desde o adro da Igrexa de San Xoán de Tirán, convertido nun espectacular miradoiro sobre a Ría de Vigo, baixaremos á praia para ver, tocar e coñecer as especies que alí habitan, como ourizos de mar, peixes pipa, chocos ou os simpáticos ermitáns.

Na praia de Videira, aprenderemos a diferenciar as cunchas das distintas especies de moluscos que podemos atopar nesta zona tan rica da nosa costa e finalmente na praia de Niño do Corvo, centrarémonos noutro dos atractivos da costa de Tirán como son as rochas vaugneríticas, de incalculable valor xeolóxico.

Unha ruta moi interactiva, axeitada para toda a familia, e da que seguro que os asistentes, sobre todo os máis pequenos, sairán sabendo moitas curiosidades sobre a vida mariña e a biodiversidade do lugar.


Ata que a evolución da pandemia da Covid 19 e o ritmo das vacinacións nos permitan retomar a normalidade na nosa actividade, cada ruta contará unicamente con 20 prazas.

Os interesados deben realizar unha inscrición previa via whatsapp no teléfono 611 08 08 53 ou por email info@ailladosratos.org

Así mesmo e como novidade, poden consultar toda a información do programa de roteiros na web www.ailladosratos.org


Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!