Ruta literaria 'O último barco'

dom21nov10:30Ruta literaria 'O último barco''Descubre moaña no outono10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Da man da Asociación A Illa dos Ratos, o Concello de Moaña organiza o programa ‘Descubre Moaña no Outono’, con rutas guiadas gratuítas que terán lugar nos meses de setembro, outubro e  novembro.

Ruta literaria ‘O último barco’

A desaparición de Mónica Andrade leva ao inspector de policía Leo Caldas e máis o seu axudante Estévez á costa de Tirán para intentar descubrir o paradoiro da rapaza. Na súa busca percorren diferentes localizacións desta vila, recompilando pistas que os axudarán a resolver o caso.

Nesta ruta literaria coñeceremos algúns dos lugares nos que transcorre a trama do libro. Partiremos da estación marítima de Moaña, pasaremos pola histórica igrexa de San Xoán de Tirán e chegaremos ata o curioso miradoiro da Mona, seguindo os pasos de Caldas e Estévez na súa investigación, e coñeceremos máis detalles sobre eses lugares reais nos que está baseada esta historia de ficción do escritor Domingo Villar.


Ata que a evolución da pandemia da Covid 19 e o ritmo das vacinacións nos permitan retomar a normalidade na nosa actividade, cada ruta contará unicamente con 20 prazas.

Os interesados deben realizar unha inscrición previa via whatsapp no teléfono 611 08 08 53 ou por email info@ailladosratos.org

Así mesmo e como novidade, poden consultar toda a información do programa de roteiros na web www.ailladosratos.org


Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!