Ruta 'Mulleres da Historia de Moaña'

mar28dec10:30Ruta 'Mulleres da Historia de Moaña''Descubre moaña no outono'10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Da man da Asociación A Illa dos Ratos, o Concello de Moaña organiza o programa ‘Descubre Moaña no Outono’, con rutas guiadas gratuítas que terán lugar nos meses de setembro, outubro e  novembro.

Ruta ‘Mulleres da Historia de Moaña’

Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira coñeceremos os detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor D. José Costa Alonso, e algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña.

Visitaremos o estaleiro de Carlagho, sede da Asociación Sueste, no que descubriremos o interior dunha carpintería de ribeira, e o museo aberto das Carreiras de Meira.


Ata que a evolución da pandemia da Covid 19 e o ritmo das vacinacións nos permitan retomar a normalidade na nosa actividade, cada ruta contará unicamente con 20 prazas.

Os interesados deben realizar unha inscrición previa via whatsapp no teléfono 611 08 08 53 ou por email info@ailladosratos.org

Así mesmo e como novidade, poden consultar toda a información do programa de roteiros na web www.ailladosratos.org


Hora

(Martes) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!