Ruta polas 'Canteiras do litoral de Moaña'

dom24out10:30Ruta polas 'Canteiras do litoral de Moaña''Descubre moaña no outono10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Da man da Asociación A Illa dos Ratos, o Concello de Moaña organiza o programa ‘Descubre Moaña no Outono’, con rutas guiadas gratuítas que terán lugar nos meses de setembro, outubro e  novembro.

Ruta polas ‘Canteiras do litoral de Moaña’

Moaña é terra de mar pero tamén de pedra. Ao longo do noso percorrido descubriremos a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña, en Meira, e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila.

Descubriremos interesantes historias, vivencias e anécdotas das canteiras do Cocho, o Arroás, a Laxe, o Latón e a Borna e coñeceremos o significado dalgúns termos ben curiosos que se empregaban na xerga propia dese gremio como “romper pedra”, “tocar fuegho” ou “facer uns tiros”.

Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.


Ata que a evolución da pandemia da Covid 19 e o ritmo das vacinacións nos permitan retomar a normalidade na nosa actividade, cada ruta contará unicamente con 20 prazas.

Os interesados deben realizar unha inscrición previa via whatsapp no teléfono 611 08 08 53 ou por email info@ailladosratos.org

Así mesmo e como novidade, poden consultar toda a información do programa de roteiros na web www.ailladosratos.org


Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!