Ruta por 'San Martiño'

dom31out10:30Ruta por 'San Martiño''Descubre moaña no outono'10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Da man da Asociación A Illa dos Ratos, o Concello de Moaña organiza o programa ‘Descubre Moaña no Outono’, con rutas guiadas gratuítas que terán lugar nos meses de setembro, outubro e  novembro.

Ruta por ‘San Martiño’

A igrexa de San Martiño de Moaña é un dos grandes expoñentes do románico no Morrazo. Unha igrexa que a primeira vista pode parecer unha igrexa máis pode ser todo un libro aberto que nos fai ver a historia que os seus muros viron pasar desde hai case mil anos.

O tímpano da porta principal axudou a resolver un misterio escondido noutras igrexas, as súas inscricións pasaron de ser un crebacabezas a toda unha revelación. Pero hai máis, o seu interior conserva escondidos, á vista de todos, elementos moi curiosos e anecdóticos.

A localización da igrexa será a clave para entender, nunha historia de ricos e pobres, como naceron o barrio do Igrexario e do Cruceiro.


Ata que a evolución da pandemia da Covid 19 e o ritmo das vacinacións nos permitan retomar a normalidade na nosa actividade, cada ruta contará unicamente con 20 prazas.

Os interesados deben realizar unha inscrición previa via whatsapp no teléfono 611 08 08 53 ou por email info@ailladosratos.org

Así mesmo e como novidade, poden consultar toda a información do programa de roteiros na web www.ailladosratos.org


Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!